22 septiembre, 2009

Xuntanza o 1 de Xullo de 2009 entre o Secretario Xeral e representantes de CCOO

O 1 de Xullo de este ano, foron convocados representantes sindicais de CCOO,nunha xuntanza co Secretario Xeral da Conselellría do Mar.Os representantes que foron a esa xuntanza de CCOO plantexaron unha serie de reinvindicacións.No apartado 2º da lista de peticións, reflexaban unha proposta de negociación dun Acordo de Condicións de Traballo.Visto a petición dos representantres de CCOO,dende a nosa Central Sindical CSI.F non apoiamos ninguha proposta ou plantexamento de derogación ou modificación da a Orde do 2 de Maio e menos para negociar un Acordo que regule todas as condicións de traballo de novo,polo que queremos informar que CSI.F non será parte implicada, se, se chega a realizar a proposta de CCOO, de modificación ou derogación da Orde do 2 de maio para convertila en Acordo.

En Pontevedra a 22 de setembro de 2009

28 noviembre, 2008

RPT Servizo Gardacostas

NOTA INFORMATIVA
O MÉRCORES DIA 3 DE DECEMBRO CONVOCAN A MESA PREVIA PARA TRATAR A RPT DO SERVIZO DE GARDACOSTAS.
ENVIOSE A ESTA CENTRAL SINDICAL A XUSTIFICACIÓN FUNCIONAL E XUSTIFICACIÓN ECONOMICA DO SERVIZO CA CONVOCATORIA DA ORDE, AFECTA A TODO PERSOAL DO SERVIZO INCLUINDO O PEROAL INTERINO E O PERSOAL QUE SOLICITOU A INTEGRACIÓN NA ADMNISTRACIÓN XERAL.
PARA AMPLIAR MAIS A INFORMACIÓN SOLICITALA A ESTE ENDEREZO DE E-MAIL
autonomico36csif@gmal.com,A ATENCIÓN DE XINES GARÍA.
saúdos a todos.

22 octubre, 2008

Fin da tortura

Por fin se resolveu o contencioso polo expediente aberto a Fernando Santalo. Aforutandamente e como penso debia terminar acabou dandolle a razón a Fernando, polo que o expediente quedou en papel mollado.
Esta nota é sobre todo para agradecerlle a aqueles que puxerón os cartos na conta solidaria, tanto da miña parte como da de Fernando e comunicarlles ademais que vou a devolver os cartos, e si ben xa me puxen en contacto coa maioria faltanme alguns os que lles pido me manden un nº de conta para poder facerlles o ingreso a seguinte dirección lojoromero1963@yahoo.es

17 septiembre, 2008

NOTA INFORMATIVA
PUNTO 6 COMISIÓN SUPERIOR DE PERSOAL:PROXECTO DE DECRETO POLO QUE SE MODIFICA PARCIALMENTE O DECRETO 157/2005,DO 26 DE MAIO SOBRE ORDENACIÓN E FUNCIONAMENTO DO SERVIZO DE GARDACOSTAS DE GALIZA.
17 DE SETEMBRO DE 2008
No referente a este punto da orde do dia da comisión Superior de Persoal CSI-CSIF Votou en Contra ó proxecto de modificación do Decreto de Gardacostas,motivado polo seguinte:
A Consellería de Pesca mantivo varias xuntanzas previas para tratar a modificación do Decreto 157/2005,entregáronse dous borradores de inicio de negociación,nosa Central Sindical presentou varias alegación,visto que estas alegacións nos levaban a uns e a outros nas negociacións a discusións continuas punto por punto, e para non entorpecer o proceso negociador decidimos retirar da mesa previa as alegacións ,excepto dúas que para nos eran intocables a primeira era que no artigo 11.- Dos Horarios, non se retirara a referencia legal a Orde de 2 de Maio de 2006(regula os horarios as condicións de traballo e as compensacións económicas do persoal do Servizo de Gardacostas) , xa que nun primeiro borrador que nos entregaron aparecía e despois a retiraron do texto sen xustificación de ningunha clase,feito que incide en darlle o non o apoio ó texto,a segunda alegación que non retirariamos era que no artigo 30 do Texto Vixilantes-Mariñeiros se suprimira do borrador as funcións de limpeza da Ponte e Habilitación das embarcacións,nos solicitamos nas mesas que esas tarefas non lle competen os funcionarios da Escala de Axentes nas súas funcións como vixilantes-mariñeiros,pero si ó persoal especializado de limpeza.Todo isto o manifestamos por escrito nas mesas previas,e o expuxemos na Mesa Xeral do 18 de Xuño.No texto que se entregou na Comisión Superior de Persoal non incluíron estas dúas alegacións polo que CSI-CSIF acordou non darlle o apoio a modificación do Decreto, votando en contra.
Tamén é certo co Xefe do Servizo comprometeuse verbalmente a manter a vixencia da Orde do 2 de Maio de 2006,feito que nos temos en conta e co valoramos como positivo pero entendemos que é un compromiso de carácter persoal ,pero non e suficiente xa que hoxe está de Xefe de Servizo pero mañá pode estar outro funcionario e rachar con ese compromiso e instar a modificar a Orde do 2 de Maio de 2006,e no que respecta ó tema da limpeza da ponte e habilitación das embarcacións o estudarían para que o fixera un servizo de limpeza.Nos valoramos a boa vontade da Consellería en resolver estes dous asuntos pero solicitamos que se plasmara no texto do Decreto para darlle carácter legal e verídico,pero non o fixeron,polo que non apoiamos está modificación. do Decreto 157/2005.

Xinés García .-Sector Autonómico CSI-CSIF U.P Pontevedra

11 julio, 2008

O Consello da Xunta aproba o Proxecto de Lei de Pesca

O Consello da Xunta de Galicia deu hoxe o seu visto e prace ao Proxecto de Lei de Pesca de Galicia, que derrogará a norma vixente de 1993. A nova lexislación regulará, nun único texto, todas as materias marítimo-pesqueiras que son competencia da Comunidade Autónoma. Deste xeito, o sector pesqueiro poderá dispoñer dun único texto con rango de lei que será un instrumento áxil, dinámico e de fácil manexo e comprensión, que sentará as bases para que a actividade pesqueira siga sendo unha das máis importantes, durareiras e viables da nosa economía. Así mesmo, servirá para que a pesca en Galicia se poida xestionar tendo en conta as persoas, a economía e o respecto polo medio ambiente e polos recursos...

...Tras a súa aprobación por parte do Goberno galego, o Proxecto de Lei pasará a ser debatido no Parlamento para a súa aprobación por parte dos deputados da Cámara. Unha vez teña o visto e prace do hemiciclo, a Lei de Pesca de Galicia sairá publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) e entrará en vigor no prazo de seis meses, contados a partires da súa publicación no boletín autonómico.

Vía: Sala de comunicación

22 abril, 2008

Artigos borrados

Só comentar, (para a xente que notará algo raro) que todos os artigos que escribeu Santi nesta páxina, foron borrados por él mesmo, por que así o decideu él de maneira voluntaria e libre.

Fago esta aclaración, para que non haiga interpretacións equivocadas.

Saúdos

17 febrero, 2008

Alegacións

O venres pasado foron citados os sindicatos para que presentasen alegacións ó proxecto de nova Lei de Pesca de Galicia. U.G.T. e C.I.G. presentaron alegacións buscando unha solución para os naútico-pesqueiros, na procura de que as lanchas volvan a sair o mar despois de ano e medio amarradas na súa maioria. A pregunta é ¿ Donde estan as alegacións do CSI-CSIF de de CCOO? . A resposta é que o representante da CSI-CSIF esta contento e alegre con esta situación posto que o seu xa o ten resolto e o representante de CCOO delega as funcións nunha persoa que descoñece o tema totalmente. Si a postura da consellería é criticable que se pode dicir de quen di representarnos.
En definitiva" Con amigos asi non fan falla enemigos"

16 febrero, 2008

Iniciativas do grupo parlamentario do PP no Parlamento

O diputado do PP, José Manuel Balseiro Ourol, remiteu aos administraderos desta páxina o día 11 mediante email, as preguntas parlamentarias que realizou referente as incidencias dos helicópteros.

O texto do email era o siguinte:

'' Xunto remito as últimas iniciativas rexistradas polo Grupo Parlamentario Popular sobre o servizo de helicópteros de salvamento adscritos aos Gardacostas de Galicia por si puideran ser do voso interese.
Agradécese a Don José Manuel Balseiro Ourol a súa aportación, así como a de calquera outra persoa que desexe colaborar con esta páxina.

02 diciembre, 2007

Tralos pasos dun percebeiro ilegal en Galicia

     FURTIVISMO | EL OTRO “NEGOCIO”

No pertenece a ninguna cofradía. no tiene seguridad social. se expone a multas de 500 euros y a un golpe de mar que podría matarle. lleva 10 años en las rocas arrancando percebes, ganando hasta 3.500 euros al mes. por primera vez un reportero acompaña a un furtivo a mariscar para mostrar su trabajo clandestino. «estoy orgulloso de lo que soy. no tengo nada que ocultar», presume.

Ler todo no mundo.es

VIDEO DE CAPTURA DE PERCEBES

26 noviembre, 2007

Nova embarcación para o servizo.


Segundo informa o Faro de Vigo na súa edición de Arousa próximamente van a entregar unha nova embarcación para o servizo de Gardacostas. Esta embarcación constrúese en Cambados e é semellante a existente na base de Vilaxoan "Serra do Faro".

17 octubre, 2007

Enviado hoxe pola Conselleria de Pesca a CSI-CSIF

O título XII regula a inspección, a vixianza e o control. Todo corpo legal leva consigo a regulación do establecemento de mecanismos de control de cumprimento da lexislación, establecendo os medios humáns e materiais necesarios para que tanto a inspección coma a vixianza sexan eficientes e eficaces. É unha obriga das administracións, na que se debe implicar e responsabilizarse o sector para que todalas actividades se desenvolvan dentro dun marco de respecto as normas e sobre todo, de respecto os principios de desenvolvemento sostible e preservación dos recursos como medio de vida das persoas que viven do mar. Partindo desta obriga, os traballadores da administración pública que levan a cabo esta labor de inspección,vixianza e control deben contar cun marco xurídico claro que lles permita exercer as súas funcións amparados nunhas normas e disposicións claras, obxectivo que se logra mediante o disposto no título referenciado.

Seguir lendo...

20 septiembre, 2007

Rematou a enquisa sobre o que facemos ca páxina

A enquisa sobre o futuro da páxina, rematou co resultado de que siga igual que como esta nestes intres. Ver os resultados.

Polo tanto, siguimos con ela igual, aberta para todos e con artigos e comentarios rexistrados.

Un saúdo